Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home en Dumbría ao quedar debaixo dunha máquina colleitadora

Falece un home en Dumbría ao quedar debaixo dunha máquina colleitadora

 O suceso ocorreu arredor das 19:10 horas en Miñóns, na parroquia de Buxantes

G24.gal 01/05/2026 22:15 Última actualización 01/05/2026 22:32

Un home morreu este venres en Dumbría ao quedar debaixo dunha colleitadora de millo.

 O suceso ocorreu arredor das 19:10 horas en Miñóns, na parroquia de Buxantes.

Foi un particular o que alertou do accidente.

 Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría. Pese aos intentos de reanimación, os servizos de emerxencias nada puideron facer para salvar a vida da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade