Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chernóbil, 40 despois da maior catástrofe nuclear da historia

Chernóbil, 40 despois da maior catástrofe nuclear da historia

Ucraína acendeu candeas e organizou vixilias para lembrar as vítimas que morreron no sinistro

As cifras oficiais indican que a traxedia acabou coa vida de 165 operarios e membros dos servizos de emerxencia

G24.gal 26/04/2026 14:10 Última actualización 26/04/2026 14:39

Era a unha e vinte tres minutos da madrugada do 26 de abril de 1986. Unha proba de seguridade rutineira no reactor 4 de Chernóbil rematou en traxedia.

Dúas explosións sucesivas levantaron polo aire a tapa do núcleo, de mil toneladas de peso, deixando escapar unha radiación 400 veces superior á de Hiroshima. Acababa de producirse o peor accidente nuclear da historia.

As autoridades da URSS tardaron en reaccionar, e a magnitude do desastre foi imparable. Nun primeiro momento evacuouse a cidade de Pripiat, onde vivían moitos dos traballadores da central, e un radio de 30 quilómetros.

A chamada zona de exclusión abrangue hoxe 2.600 quilómetros cadrados. Daquela máis de 600.000 persoas, os chamados "liquidadores" arriscaron as súas vidas para conter o lume e construír o primeiro sarcófago que freara o desastre.

Pero a nube radioactiva non tardou en cruzar fronteiras: afectoulle sobre todo a Ucraína, Bielorrusia e Rusia, para despois estenderse por unha vintena de países europeos e mesmo chegar a zonas de Asia e América do Norte.

Aínda que as vítimas directas pola explosión foron unhas trinta, a organización mundial da saúde estima que entre 4.000 e 9.000 persoas morreron prematuramente por mor da radiación.

A pegada do desastre chegou tamén a Galicia, pero en forma de solidariedade. Durante décadas abríu as súas portas a milleiros de nenos ucraínos para axudar a súa recuperación.

Hoxe Chernóbil segue baixo vixilancia: o Organismo internacional de enerxía atómica controla os niveis de radiación e estabilidade do novo sarcófago. Con todo, calcúlase que a zona de exclusión non será habitable polo menos, nos próximos 200 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade