Publicador de contidos

Publicador de contidos

O estraño caso do Oscar perdido nunha caixa de cartón

O estraño caso do Oscar perdido nunha caixa de cartón

O cineasta Pavel Talankin non puido subir a estatuíña no avión porque a equipararon cunha arma

A figura acabou perdéndose no traxecto entre Nova York e Frankfurt

G24.gal 01/05/2026 19:06 Última actualización 01/05/2026 19:16

O Oscar da discordia é o que recibiu o cineasta Pavel Talankin na cerimonia de 2026 ao mellor documental. 

Desde aquela viaxou por todo o mundo con el, pero o que nunca lle pasara sucedeulle en Nova York. Cando chegou ao aeroporto non llo deixaron subir ao avión alegando motivos de seguridade. Equiparaban a estatuíña cunha arma.

Así que o tan prezado Oscar acabou nunha caixa de cartón e na bodega do avión. E o problema agravouse porque se perdeu polo camiño. Non chegou ao aeroporto de destino co resto da equipaxe.

En realidade ese foi un problema menor, porque a compañía localizouno e devolveullo ao seu dono san e salvo.

Pero Pável Talanski, que gañou o Oscar  por un documental sobre a manipulación da administración Putin aos nenos rusos pregúntase se hai algo máis detrás do suceso. Se farían o mesmo se falase inglés fluidamente ou incluso se lle quitarían o Oscar a un actor famoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade