Publicador de contidos

Publicador de contidos

Naturgy comunica unha filtración de datos que afecta un 3% dos seus clientes en España

Naturgy comunica unha filtración de datos que afecta un 3% dos seus clientes en España

Entre os datos filtrados non se inclúe información relacionada con contrasinais nin credenciais de acceso á Área Cliente de Naturgy

G24.gal 01/05/2026 20:36

 Naturgy comunicou unha filtración cun "acceso non autorizado" á base de datos dun dos seus provedores que contén información identificativa, contractual e bancaria que podería afectar o 3% dos clientes comercializados pola multinacional en España.

O incidente foi notificado, segundo a empresa, "con celeridade" á Asociación Española de Protección de Datos (AEPD), forzas de seguridade e aos clientes afectados.

Así mesmo, Naturgy comunica unha filtración de datos que afecta a un 3% dos seus clientes en España.

A compañía garantiu, non obstante, que entre os datos filtrados "non se inclúe información relacionada con contrasinais nin credenciais de acceso á Área Cliente de Naturgy".

Naturgy activou, en coordinación coas autoridades competentes e o provedor afectado, o seu protocolo de resposta ante este tipo de incidentes e asegura que tomou as medidas necesarias para protexer a seguridade dos datos dos seus clientes.

A compañía descartou, non obstante, a existencia dunha brecha de seguridade nos seus sistemas e descartou que a filtración proceda da súa plataforma comercial.

Segundo as primeiras conclusións, o incidente non ten "ningún tipo de afectación sobre a operativa da compañía".

O grupo enerxético reforzou as súas medidas de seguridade implementando outras correctoras adicionais, como a renovación de credenciais, bloqueos de accesos e auditorías técnicas de seguridade.

Ademais, levou a cabo unha auditoría sobre os sistemas do provedor afectado para esclarecer as causas do incidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade