Primeiro día do novo horario dos PAC, abren as 24 horas en fin de semana e festivos
O novo horario dos Puntos de Atención Continua inclúe a apertura as 24 horas do sábado
Para cubrir o novo horario Sanidade vai crear máis de 200 postos de traballo en tres anos: 100 para médicos, 80 para enfermería e 31 para persoal de xestión e servizos
A partir deste sábado amplíase o horario dos puntos de atención continuada, abrirán as 24 horas do sábado e non só pola tarde como ata o dagora. Deste xeito vaise prestar servizo de xeito ininterrompido durante toda a fin de semana e tamén os días festivos. O obxertivo é reforzar a actividade asistencial na atención primaria e aliviar a carga das urxencias.
"Traballamos de xeirto contínuo antendendo tanto elementos programados que non se poden atender de luns a venres, pero sobre todo a asistencia urxente. Na asistencia urxente traballmos en rede, coordinados polo 061." Explica a doutora do PAC de Teixeiro Cristina Ramos
"Paréceme moi boa idea porque é un servizo necesario. Un urxencia pode xurdir en calquera momento, un accidente. E son 24 horas, si, pero o servizo hai que dalo."
"Nós aquí en Bertamiráns estamos moi preto de Santiago, pero poder acceder ao PAC antes que ir a Santiago é unha cousa moi cómoda, rápida. E evitas tamén saturar o Clínico de Santiago."
Un novo horario que se vai implantar só en catro das sete áreas sanitarias galegas, porque as de Ferrol, A Coruña e Vigo xa o viñan aplicando ata o dagora. Para darlle cobertura a este cambio Sanidade vai crear máis de 200 postos de traballo. 100 serán para médicos, 80 para enfermería e crearanse 31 prazas de persoal de xestión e servizos. A inversión prevista supera os 10 millóns de euros.