Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día grande das Quendas de Mondoñedo

Día grande das Quendas de Mondoñedo

Dentro das festas, celébrase o Concurso de Andadura do Cabalo Marchador Galego

Un dos participantes no certame de andadura
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 01/05/2026 21:08 Última actualización 01/05/2026 21:19

O Concurso de Andadura do Cabalo Marchador Galego consolidouse na súa cuarta edición como un dos principais reclamos das Quendas de Mondoñedo. Participaron unha trintena de xinetes, chegados de todo o país, coas súas monturas desta raza autóctona.

"Son dúas modalidades. Temos andadura 'serrada', onde os cabalos levan os dous pés do mesmo lado sincronizados. Se non é así, xa ten unha falta, que supón dez segundos máis. E despois na 'chapeada' é ao revés, xa que poñen os tres pés e teñen un no aire", explica a amazona Rebeca Bermúdez

"O máis rápido é o serrado. É o cabalo que serra, que vai en dous tempos. Dúas e dúas", engade o xinete Paco de Melide

"Tan, tatá, tatatá. E no serrado sentes pumpún, pumpún, por explicalo dalgunha maneira". conclúe o tamén participante Adrián Sánchez

O certame, que busca poñer en valor o Cabalo Marchador Galego, celebrouse no día grande das Quendas, unha feira tradicional de gando con preto de 500 anos de historia. 

"Hoxe é o día grande, e nós estamos moi satisfeitos por toda a afluencia de público. E tivemos a feira da empanada, degustación con porco celta...", sinala Miguel Paz, presidente da asociación cultural As San Lucas de Mondoñedo

O concurso de andadura foi o prato estrela da segunda xornada dunha festas que continuarán ata o domingo vindeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos