Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intensa fin de semana de festas e celebracións por toda Galicia

Intensa fin de semana de festas e celebracións por toda Galicia

Estivemos na Feira Medieval de Monforte, na Festa da Ostra de Arcade, na Pascua de Padrón e na Feira do Queixo de Vilalba

A Mostra do Encaixe de Camariñas foi cita obrigada na Costa da Morte

G24.gal 05/04/2026 22:01 Última actualización 05/04/2026 22:13

Monforte citouse co seu pasado medieval. A vila recuncou á época de Pedro Álvarez Osorio, primeiro conde de Lemos, nunha feira ruidosa e alegre que celebra o patrimonio histórico e arquitectónico de Monforte.

En Vilalba o que celebraron foi o sabor inconfundible, suave e afumado dun dos nosos queixos con Denominación de Orixe Protexida, o San Simón da Costa. A feira xuntou unha ducia de queixerías de diferentes puntos de España integradas dentro da Ruta Europea do Queixo, que fixo parada por primeira vez aquí

Cita gastronómica cun sabor ben diferente en Arcade. Servíronse máis cen mil ostras a doce euros a ducia e moi ben acompañadas cun bo viño. Viño non faltou en Quiroga. Van xa corenta e catro edicións dunha cita enoturística imprescindible da primavera na Ribeira Sacra.

En Padrón a celebración das Festas da Pascua remóntase a comezos do século XVII. A gran cita da fin de semana a feira cabalar, que reuniu centos de exemplares en concursos e exhibicións. 

Rematos este percorrido estivo por Galicia co repenique das palilleiras de Camariñas, orgullosas artesás do fío na Mostra do Encaixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar