Día de moito movemento en aeroportos e estacións polo remate das vacacións
O incremento de viaxeiros sentiuse tanto nos aeroportos galegos como nas estacións de trens e autobuses
Aínda este luns se van producir moitos deprazamentos porque en seis comunidades é festivo
Remataron as vacacións de Semana Santa e toca volver á rutina despois dun merecido descanso. Un incremento de viaxeiros que se sentiu este domingo en aeroportos como o da Lavacolla, en Santiago.
"Teño que volver ao instituto darlles clase aos rapaces e hai que volver á rutina, pero polo menos vou coas pilas cargadas".
"Volvemos despois de dous días e medio de estar aquí en Galicia. Moi bonito todo, pero todo remata e hai que comezar outra vez coa rutina, pero tamén é un pouquiño necesario".
"Volvo a Málaga. Estivemos facendo o Camiño Primitivo dende Oviedo. Xa toca volver á rutina, ao traballo, á familia, que fai falla volver vela e apetece moito. Pasamos unha boa semana aquí".
"Vivo en Alemaña e volvo ao colexio. Nas vacacións fixemos o Camiño de Santiago".
Tamén foi un día de moito movemento nas estacións de trens e de autobuses, con todos os que volvían á casa logos de pasar uns días na nosa comunidade. Pero tamén é un pouquiño necesario
"Estiven en Santiago e en Muros. Gozando un pouco destes días. Desde o xoves en Muros, moita xente. E estes días en Santiago tamén ben".
"Volvemos á rutina mañá. Despois de estar camiñando 184 quilómetros finalmente vovemos á casa".
"Acabo de facer o Camiño de Santiago. Arrincamos en Vigo e chegamos aquí a Santiago e estamos moi felices. Amamos España".
"Toca volver para a casa, ímonos para Barcelona. Fixemos o Camiño Francés, de Sarria a Santiago".
Malia que moitos volven xa á casa, tamén hai quen está a aproveitar aínda as últimas horas de vacacións porque en seis comunidades autónomas o Luns de Pascua é festivo.