A 24 edición da Festa do Botelo no Barco de Valdeorras xunta a máis de 1.200 comensais
É unha das citas gastronómicas máis importantes do inverno en Galicia e cada ano a trae a máis xente á vila
O botelo conta coa Indicación Xeográfica Protexida desde o ano 2009 e é unha Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2014
E unha das citas gastronómicas máis importantes do inverno en Galicia é a Festa do Botelo do Barco de Valdeorras. A partir das tres da tarde na súa 24 edición unhas 1.400 persoas comezaban a degustar este embutido tradicional que cada ano atrae a más persoas.
No pavillón municipal de Cabalgueiros unhas 1.400 persoas, as que tiveron a sorte de conseguir entradas gozan do menú. Unha cita gastrómica xa consolidada no inverno en Galicia.
"Este é un botelo que está feito con moito agarimo, desde a preparación e a curación, e que logo é importante preparalo tranquilamente". Nós levamos aquí desde as sete e media da mañá, que coza despaciño. Dentro do estómago do cocho leva a costela curada e demais", explica Berto Fernández, da emprega Mantesil que se encarda de preparar o embutido para a festa.
"É unha cousa especial de aquí, que a tradición vén das aldeas onde se facía a matanza", afirma un veciño do Barco de Valdeorras.
"O botelo de aquí xa se ve que é especial, se non non viña tanta xente como vén", di outro veciño.
"Todos os bares están a tope, é un día que temos de gastronomía e de alegría", afirma outro veciño.
24 anos xa dunha festa que homenaxea o botelo e que cada ano atrae a máis xente arredor da gastronomía e a tradición. Ademais da festa no pavillón, a maioría dos rtestaurantes da vila ofeetamn este prato especial e esta fin de semana están tamén cheos de xente.