Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vilagarcía celebra o día grande da Santa Rita

Vilagarcía celebra o día grande da Santa Rita

Milleiros de devotos fixeron as súas ofrendas á patroa das causas imposibles

Verbena, gastronomía e unha feira celta completan o programa da festa ata o domingo

G24.gal 22/05/2026 14:42

Cirios, flores e longas ringleiras para entrar no convento de Vista Alegre. Hoxe e o día de Santa Rita e toca facer peticións á patroa dos imposibles.

Algúns prefiren manter as promesas en segredo, pero todos confesan que hoxe é un día especial. Unha tradición que foi pasando de pais a fillos, desde hai décadas.

E non pasar fame é outra das tradicións que non fallan neste día festivo en Vilagarcía.

Uns quedarán xogando ou gozando da verbena, e outros sacarán en procesión a santa, ás oito desta tarde, polas rúas da vila. Outro dos actos destacados dunha festa que non remata ata o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar