Publicador de contidos

Publicador de contidos

Filomena Fraga celebra o seus cen anos coa familia e coa veciñanza de Agrón, en Ames

Filomena Fraga celebra o seus cen anos coa familia e coa veciñanza de Agrón, en Ames

A súa vida é a dunha muller comprometida coa igualdade, co rural e co galeguismo

Escribiu un libro e participou nun documental

Nai de cinco fillos, presume de netos e bisnetos, cos que celebrará unha festa o domingo

G24.gal 22/05/2026 14:38

"Eu son feliz pola familia que me tocou. A raíña Sofía, con ser a raíña, non a coidan as súas fillas e a min si. Estou coa miña filla, que a quero. E os meus fillos tamén un chegou e outro chegará mañá ou pasado, vén para estar aquí o domingo nunha comida", di Filomena.

Nunha época en que as mulleres pouco se lles permitía soñar, Filomena Fraga rompeu máis dun teito de cristal. A súa vida, como testemuño dunha xeración protagonizou o documental Señora de.

"Gustaríame ser xornalista, gustaríame ser pintora, a min gustaríame ser tantas cousas e non puiden decidir e non puiden escoller outra cousa", afirma.

A súa traxectoria é a dunha muller labrega comprometida coa igualdade coa educación e co rural. O seu libro, A cancela, vai pola segunda edición.

"A min gústame o galego e que perdure. Ademais para min son palabras moito máis bonitas que no castelán, podo estar equivocada, pero a min como me gusta o meu país, gústame a miña fala".

"Eu non sei nada, pero son amiga de saber; non tiven oportunidade, pero gustábame saber, facer cousas, estar en asociacións", relata.

Tivo cinco fillos, dos que viven tres, oito netos e catro bisnentos. Na parroquia de Agrón, en Ames recibe estes días, nos que fixo cen anos, o cariño da veciñanza e de todo o concello. 

"O meu neto di que xa non morro, porque para cada doenza teño un tratamento, e é verdade. Tomo 13 pastillas, pero non lle teño medo á enfermidade", conta Filomena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade