Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rexistro Galego de Persoas Centenarias axudará a coñecer os segredos da lonxevidade

O Rexistro Galego de Persoas Centenarias axudará a coñecer os segredos da lonxevidade

A Consellería de Sanidade concibe o novo rexistro de centenarios en Galicia como un sistema que vai recopilar información sociodemográfica e clínica de homes e mulleres de máis de cen anos que vivan en Galicia.

Os datos que aportará o REGACE van contribuir ao coñecemento da lonxevidade galega e, polo seu alto valor estatístico, á planificación sanitaria.

G24.gal 09/05/2026 14:59 Última actualización 09/05/2026 15:22

Sexa pola alimentación ou o clima, o que está claro é que Galicia é terra de centenarios. A comunidade conta con máis de 1500 persoas con esa idade ou por riba dela. A que máis de España. Por iso ponse en marcha unha ferramenta pra analizar cales son os factores que propician tanta lonxevidade: o Rexistro Galego de Persoas Centenarias.

E aínda sen esos datos o que si sabemos hoxe  é que a Comunidade Autónoma galega, con case 1700 centenarios, é a terceira máis vella de España. Tamén coñecemos o peso de varios factores que conflúen na Galicia  agraria, gandeira e pesqueira para vivir máis anos: actividade e obxectivos, tranquilidade, alimentos naturais e unha boa calidade do sono.  

Xermán Bugallo é médico de medicina preventiva e saúde pública. En 2021, promovido pola Dirección xeral de Saúde Pública, estreou o seu documental sobre a lonxevidade en boas condicións, A receta galega. 

"Cando temos un propósito non só temos unha estimulación a nivel de actividade física senón tamén de actividade mental e tamén de relación coa contorna e relación coas persoas. E eses vencellamentos e lazos relacionais tamén está demostardo que funcionan para mellorar no só a esperanza de vida senón tamén a calidade da vida", explica a TVG Xermán Bugallo, que é médido de medicina preventiva e saúde pública.

Os catro ingredientes da lonxevidade galega son pois a actividade física, alimentos saudables, seguir tendo unha vida social con boas relacións e durmir ben. Quizais por iso quizais os centenarios galegos supoñen o 12% de todos os de España.  

"De España pero tamén do mundo. Porque vendo os rexistros, aquí en Galicia acontecen unhas circunstancias. E non só polas ciifras da esperanza de vida senón por como vivimos esos anos, que é onde debemos poñer o foco. En Galicia tamén inflúe a contorna na que vivimos, a calidade do aire, a auga, o espazo no que vivimos, os determinantes sociais en que vivimos que son as condicións sociais nas que vivimos. Coñecemos comportamentos e patróns que funcionan axeitadamente. Pero debemos seguir promovendo as liñas de investigación e sobretodo trasladar esa información á poboación para que o leve a cabo", matiza o médico de medicina preventiva e saúde pública Xermán Bugallo. 

E pídenos Xermán que non esquezamos sumar algo que teñen os maiorcísimos galegos. Ao longo da vida nunca deixaron de aprender... como di o refrán "Está a vella morrendo e está aprendendo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade