Ourense supera en lonxevidade a illa de Okinawa e Sardeña
Un estudo amosa que a dieta dos centenarios de Ourense é similar á das zonas con máis persoas lonxevas, como Okinawa e Sardeña
Non só a dieta é un factor revelador da eterna xuventude nesta investigación. Tamén inflúen factores ambientais e culturais
Os seus resultados foron publicados nunha revista científica referencia a nivel internacional.
Que teñen en común a illa xaponesa de Okinawa, Sardeña e Ourense? Explícanolo Roberto Fernández, médico de familia de Allariz e o encargado de dirixir este estudo.
"En primeiro lugar o estilo de vida que é relativamente similar, xente sobre todo de entornos rurais. Tamén está a dieta, unha delas é o alto consumo de vexetais".
Así o desvela o estudo Ourensividade realizado para a Deputación. Onde entrevistaron a 115 centenarios maioritariamente da provincia, pero tamén da bisbarra de Lugo e Pontevedra. Varios factores afondan na súa lonxevidade. Non só a alimentación, tamén factores culturais como a súa resiliencia fronte aos cambios. Roberto Fernández.
A fácil recuperación ante os desgustos que amosan os nosos maiores e dalgunha maneira tamén a adaptabilidade aos cambios.
Un estudo que tamén pon o foco no termalismo e na auga, este último, un recurso esencial para a vida.
"Son máis bebedores de auga que de viño, contrariamente o que se poida pensar. Consumían pouco alcol e practicamente eran abstemios en canto a bebidas destiladas".
A lonxevidade, sobre todo en zonas rurais, está influenciada tamén polo ambiente, factor este último din, máis importante ca a xenética. O traballo, a sociabilidade... todo inflúe na saúde.
"Gran actividade física, indo ao traballo sempre a camiñar moitas veces a zonas bastante afastadas. Digamos que a maior proporción de centenarios está nas zonas do interior de montaña".
Ourense xa é considerada unha zona azul. É dicir, unha rexión cun elevado número de persoas centenarias superando incluso en cifras a Okinawa e Sardeña.