Cargando resultados...
Evacúan un turista que caeu na fervenza de Augacaída, en Pantón
O ferido foi trasladado ao hospital en estado crítico
Imaxes cedidas pola empresa Turismo Pantón, que participou no rescate
G24.gal
23/10/2025 21:51
Última actualización 23/10/2025 22:28
Un home de 65 anos resultou ferido grave ao caer dende unha altura de cinco metros na fervenza de Augacaída, en Pantón.
O home foi rescatado dende o río, nunha zona de moi difícil acceso.
Os equipos trasladados á zona tiveron que recorrer á barca da empresa Turismo Pantón, que fai percorridos turísticos pola zona.
O ferido foi trasladado ao hospital en estado crítico.