Minuto de silencio en Lugo pola falecida ao ser golpeada por unha vaca no San Froilán
Non lograra superar as feridas que sufriu logo de permanecer desde o día 5 na UCI

A corporación municipal de Lugo gardou este mediodía un minuto de silencio, en sinal de dó pola muller de 33 anos falecida ao ser golpeada por unha vaca no San Froilán.
A vítima, veciña de Vilagarcía, levaba ingresada na UCI dende o 5 de outubro, pero finalmente non logrou repoñerse das feridas. O enterro será este luns en Vilaxoán.
Finalizado o minuto de silencio, o alcalde, Miguel Fernández, destacou o traballo que realizou o operativo de seguridade durante este evento, que afirmou que "actuaron correctamente" e cualificou o ocorrido dun "cúmulo de circunstancias desgraciadas".
Fixo un recordo especial á falecida, que permaneceu dúas semanas ingresada na UCI do HULA, e enviou as súas condolencias, "máis profundas e sentidas", á familia dunha corporación "consternada por este feito".
A moza foi arroiada na rúa Aguirre, tras impactar co animal que fuxía desbocado do desfile que se estaba celebrando na praza Maior como parte do programa de festas, concretamente un dos actos máis tradicionais. Foi atendida no lugar do impacto, pero ingresou en estado grave no hospital, onde acabou falecendo.