Cargando resultados...
Cortada a N-525 en Bandeira por unha colisión entre un turismo e un camión
O accidente produciuse minutos antes das 15:00 horas
G24.gal
23/10/2025 18:42
Última actualización 23/10/2025 19:51
Unha colisión entre un turismo e un camión obrigou a cortar este xoves a N-525 ao seu paso por Bandeira, en Silleda.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 15:00 horas.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.
Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, o corte da vía prodúcese desde o quilómetro 309.3 ao 309.4 en ambos sentidos da circulación.