Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida en Pontevedra unha coidadora por roubar xoias valoradas en máis de 10.000 euros

Detida en Pontevedra unha coidadora por roubar xoias valoradas en máis de 10.000 euros

A muller traballaba en casas con persoas dependentes e aproveitaba o acceso aos curatos para subtraer pezas de ouro

A Policía Nacional recuperou parte das xoias e busca máis vítimas

G24.gal 23/10/2025 16:45

A Policía Nacional detivo en Pontevedra unha coidadora de persoas con alto grao de dependencia por roubar xoias valoradas en máis de 10.000 euros nas vivendas nas que traballaba.

Os axentes identificaron ata agora catro vítimas especialmente vulnerables e seguen as pescudas para localizar outras posibles afectadas. A detida aproveitaba o acceso ás habitacións das persoas ao seu cargo para subtraer pulseiras, cadeas, pendentes, broches e colares de ouro, algunhas pezas de grande valor.

Vendía as xoias en establecementos de compra de ouro

Despois dos roubos, a muller vendía as xoias en distintos establecementos de compra e venda de ouro de Pontevedra, nos que fixo polo menos 16 vendas.

A investigación comezou despois de que unha irmá dunha das vítimas presentara unha denuncia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade