Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roubo de paraugas, un clásico que regresa coa chuvia

Roubo de paraugas, un clásico que regresa coa chuvia

Estes furtos ás veces provocan un movemento en cadea por parte daqueles que toman a xustiza pola man, e tras sufrir o roubo do seu paraugas levan outro para repoñelo

G24.gal 22/10/2025 14:59

En días coma o de hoxe o paraugas transfórmase nun tesouro especialmente atractivo para os que non se acordaron de collelo na casa. Os paraugas negros e transparentes son os preferidos polos ladróns, xa que sempre está a escusa de que os levaron confundidos.

O máis curioso deste fenómeno é que moitas vítimas toman a xustiza pola man e continúan coa cadea. Un comportamento incívico que acaba xerando outro, o de entrar cos paraugas mollados nos locais sen poñerlle funda.

Con este panorama cada vez é menos habitual usar os paraugueiros, case baleiros en plena borrasca para evitar tentacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade