Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis dun mes sen noticias do profesor de Ourense que fuxiu logo de ser condenado por violar unha alumna

Máis dun mes sen noticias do profesor de Ourense que fuxiu logo de ser condenado por violar unha alumna

Tras ser condenado a 13 anos de cárcere, Martiño Ramos Soto logrou fuxir antes de que as autoridades o levaran a prisión

Martiño Ramos, nunha imaxe de arquivo Martiño Ramos, nunha imaxe de arquivo
G24.gal 22/10/2025 14:43

O profesor de Ourense condenado por violar unha alumna continúa en paradoiro descoñecido desde mediados de setembro.

Tras ser condenado a 13 anos de cárcere, Martiño Ramos Soto logrou fuxir antes de que as autoridades o levaran a prisión.

O 15 de setembro a Audiencia Provincial de Ourense emitiu unha requisitoria de busca e captura, pero ata o momento a Xustiza non logrou dar co fuxido.

O mestre encontrábase en liberdade provisional e cando a Policía foi ao seu domicilio non o atopou. Ao parecer, o condenado puido marchar de Ourense hai dous meses sen intención de regresar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade