Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identificados 5 menores por agredir sexualmente unha nena de 12 anos en Burgos

Identificados 5 menores por agredir sexualmente unha nena de 12 anos en Burgos

Ocorreu en maio, durante unha celebración de aniversario nun local privado

A vítima é compañeira de clase dos seus presuntos agresores, que foron expulsados cinco días do centro escolar

Arquivo Arquivo
G24.gal 11/06/2026 11:45

A Policía Nacional identificou cinco menores, de entre 11 e 12 anos, por unha agresión sexual a unha compañeira de clase, unha nena de 12 anos, durante a celebración dun aniversario nun local privado en Burgos.

A familia da menor denunciou os feitos en maio e a Policía Nacional iniciou unha investigación e remitiu o caso á Fiscalía de Menores.  Fontes do caso explican que ao ser menores de 14 anos son inimputables, polo que, tras recibir a denuncia dos pais, a Policía Nacional só puido identificar o grupo -sen concretar o número de implicados, que serían cinco ou seis- e poñer o caso en coñecemento da Fiscalía de Menores.

Os alumnos foron expulsados do centro escolar durante cinco días, pero xa se incorporaron ás aulas noutra clase diferente á da vítima.

Fontes da Consellería de Educación de Castela e León aseguraron que "se seguiu o protocolo habitual", á vez que lembraron que os feitos denunciados tiveron lugar fóra do ámbito educativo, aínda que se trataba de compañeiros de clase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade