Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acepta tres anos de cárcere por secuestrar e violar unha muller na Coruña

Acepta tres anos de cárcere por secuestrar e violar unha muller na Coruña

O agresor, que coñeceu a vítima a través dunha web de contactos, terá que facer un curso de reeducación sexual

Audiencia Provincial da Coruña (Arquivo) Audiencia Provincial da Coruña (Arquivo)
G24.gal 09/06/2026 12:30

O home acusado de secuestrar, agredir, atar e violar unha muller na Coruña aceptou tres anos e dez meses de cárcere e o pago dunha indemnización de 20.505 euros á vítima, da que tiña unha orde de afastamento. Foi no xuízo fixado para este martes na Audiencia Provincial da Coruña.

A defensa e o Ministerio Público chegaron a un acordo para a rebaixa da condena despois de que o procesado recoñecera os feitos. Tívose en conta como atenuantes o trastorno mental do agresor e a aceptación de reparación do dano, ao abonar o importe íntegro da indemnización.

En concreto, o Tribunal acordou en sentenza firme dous anos de prisión e a obriga de someterse a un curso reeducación sexual polo delito de agresión sexual; dez meses de cárcere por lesións agravadas; un ano por detención ilegal; e unha multa de 1.200 euros por un delito continuado de quebrantamento de medida cautelar.

Así mesmo, impúxolle a prohibición de achegarse a menos de 300 metros da vítima e de comunicarse con ela por calquera medio durante 14 anos e seis meses; alén de seis anos de liberdade vixiada cando cumpra a pena privativa de liberdade.

O 21 de decembro de 2022 o procesado raptou a vítima, á que coñecera meses antes a través dunha rede de contactos, e obrigouna a entrar na súa furgoneta. Despois, "inmobilizouna de pés e mans atándoa cunhas bridas" golpeouna cunha botella de cristal e agrediuna sexualmente.

Seguidamente, o home púxose ao volante do vehículo, con ela atada e ferida na parte posterior. Tras sufrir unha avaría na furgoneta, viuse obrigado a deterse na beiravía e pedir axuda. Foi entón cando uns automobilistas se decataron de que caía sangue na parte traseira da furgoneta.

Tras alertar as forzas de seguridade, o procesado fuxiu a pé monte a través, pero foi detido ese mesmo día na localidade de Arteixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade