Recoñecemento da Xunta aos mellores expedientes universitarios
Nesta edición hai un total de 790 estudantes galardoados, que canda o diploma acreditativo reciben 1.100 euros
Máis de 350 mozos e mozas recibiron este mércores o premio Ángela Ruiz Robles co que a Xunta recoñece os números un de cada curso de cada grao que se imparte nos campus galegos. Nesta edición hai un total de 790 estudantes galardoados, que canda o diploma acreditativo reciben 1.100 euros.
A entrega de premios celebrouse no Pazo de Congresos de Santiago e estivo encabezada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que dixo que estes premios son un recoñecemento ao esforzo do alumnado e das súas familias. Rueda tamén afirmou que son un "reflexo da Galicia que aposta pola excelencia, a igualdade de oportunidades e o coñecemento como motor de progreso".
No nome doa galardoados falaron Laura Abelenda e Igor Pérez, que lles dedicaron os premios as súas familias. Destacaron ademais que este recoñecemento é "unha motivación extra" para seguir esforzándose.