Publicador de contidos

Publicador de contidos

Familias do colexio de Sequelo, en Marín, piden accesos seguros ao centro, rodeado por obras

Familias do colexio de Sequelo, en Marín, piden accesos seguros ao centro, rodeado por obras

Denuncian que levan dende 2023 convivindo con obras que dificultan o acceso ao centro escolar

G24.gal 20/10/2025 14:45

Hai obras na estrada que conduce ao centro, diante da porta principal e tamén pola parte traseira. As familias quéixanse das complicacións que teñen para acceder ao CEIPP de Sequelo, en Marín.

Todo comezou hai algo máis de dous anos, coas obras de saneamento do río. Daquela pechou a senda peonil que conecta a escola co centro de Marín, e segue pechada. Logo eliminaron unha pasarela de madeira que rodeaba o colexio, así que agora, para chegar da entrada dos pequenos á de primaria, teñen que ir pola rúa, con tráfico, e tamén entre obras.

Alertan do risco que supón andar entre gabias, cascallos e maquinaria cos nenos e nenas. E os veciños da contorna tamén se queixan. A moitos a obra levoulles o peche da casa, e agora teñen un valado provisional que xa deu algún susto.

"Tivemos que poñer alarma e reforzar a seguridade, porque xa nos entraron dúas veces e levaron ferramentas", di un dos veciños afectados. 

Decidiron mobilizarse, para pedir solucións. Saben que as obras son necesarias, pero piden que polo menos se habilite un paso seguro para atravesar a zona mentres duren os traballos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade