En marzo bota a andar a escola de pastores de Galicia
É unha iniciativa da asociación de criadores de fando ovino e caprino OVICA en que colabora a Xunta de Galicia
A formación teórica e práctica será de balde e terá certificación oficial
Os obxecivos da escola son dous: modernizar o oficio do pastoreo e combater o despoboamento do rural
A escola de pastores de Galicia é unha inciativa pioneira coordinada pola Asociacion de Criadores de ovino e caprino e coa colaboración da Xunta. O curso é de balde e terá certificación oficial. Os obxetivos da escola son dous: modernizar o oficio do pastoreo e combater o despoboamento do rural.
"Hay que darlles un medio de vida, unha calidade de vida. Queremos profesionalizar o noso sector e darlle aos pastores a dignidade que teñen que ter, que estamos no século XXI.", explica María Jesús Crespo, a presidenta de OVICA
Buscan tamén sacarlle partido a todo o potencial que ten o gando ovino e caprino, máis aló da producción cárnica.
"Non só é para a explotación cárnica.Podemos falar dos lácteos e derivados que é unha forma moito máis rendible de sacarlle ganancia a estes animais." , engade Crespo
E non hai que esquecer os beneficios que a cría de gando en extensivo ten para o medio natural.
"Somos o sistema de prevención antilumes mellor do mundo. Eso xa o facían os nosos avós e está demostrado que somos os máis eficaces."
A escola vai comezar a súa actividade a mediados de marzo e ofrecerá formación durante catro meses. As prácticas de pastoreo comezarán a partir de setembro. Ata o dagora hai xa 35 persoas incritas.