Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia rexistrou 91 casos de acoso escolar no último curso

Galicia rexistrou 91 casos de acoso escolar no último curso

É un incremento do 68,5 % respecto ao curso anterior (2023-2024), cando se confirmaron 54 casos

G24.gal 19/02/2026 16:07

 Galicia rexistrou o curso 2024-2025, cifra aínda provisional, 91 casos catalogados oficialmente como acoso escolar, o que supuxo a activación dos correspondentes procedementos correctores. Esta cifra representa un incremento do 68,5 % respecto ao curso anterior (2023-2024), cando se confirmaron 54 casos.

En concreto, nos últimos tres cursos, coincidindo co período de vixencia da Estratexia galega de convivencia escolar, abríronse 614 protocolos de acoso escolar no curso 22-23, 686 no 23-24 e 616 no 24-25. Deles, derivaron 42, 54 e 91 en procedementos correctores ao alumnado, casos nos que se aplican medidas como a expulsión ou o cambio de centro, entre outras.

Así o debullaron responsables da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP este xoves nun encontro xunto a medios de comunicación, onde anunciaron tamén a posta en marcha dunha nova 'Estratexia galega de convivencia escolar', cuxo eixo central será a "tolerancia cero" co acoso escolar. Neste contexto, o titular de Educación do Goberno galego, Román Rodríguez, subliñou que a prevención do acoso escolar é unha tarefa que require unha abordaxe "integral e colaborativa de todos e todas" e que esixe traballar "de forma coordinada desde o máximo rigor e solvencia".

Rodríguez insistiu no impacto da prohibición do uso do teléfono móbil nos centros escolares, "medida pioneira que conta co respaldo do 84 % dos docentes e o 86 % das familias como factor de mellora da convivencia".

Como novidade, a Consellería lembrou que ultima xunto á Federación Galega de Municipios e Provincias a creación da Rede de Concellos contra ou Acoso Escolar. Así mesmo, o conselleiro destacou que se intensificou a colaboración coa Fiscalía Superior de Galicia para "xerar sinerxías na detección e tratamento destes casos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade