Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Escola de Pastores de Galicia vai comezar a funcionar o mes de marzo en Xinzo de Limia

A Escola de Pastores de Galicia vai comezar a funcionar o mes de marzo en Xinzo de Limia

É unha iniciativa impulsada pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino, co apoio da Consellería do Medio rural, da Deputación de Ourense e da Fundación La Caixa

O seu obxectivo é formar os pastores do século XXI e combater o despoboamento rural

O curso é de balde e terá certificación oficial

G24.gal 01/02/2026 14:44 Última actualización 01/02/2026 15:11

A Escola de Pastores de Galicia é unha iniciativa pioneira coordinada pola Asociación de Criadores de ovino e caprino. Aínda que  nace co obxectivo de potenciar este tipo de pastoreo, a escola vai estar aberta a outras ganderías

 "A idea é que sexa aberta, que poida vir calquera persoa que queira ter unha explotación extensiva. De feito, temos que seguir respectando a natureza do proxecto da Fundación La Caixa, que é implicar todos os axentes que están na zona, e na zona hai máis que ovellas e cabras. Temos algunha cooperativa de vacas en extensivo que se interesou polo proxecto, e non lle imos pechar as portas", asegura Cristina Díaz, técnica de Avica, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia.

A escola de pastoreo abrangue 19 concellos da provincia de Ourense. O curso é de balde e terá certificación oficial. Os obxectivos da escola son dous: modernizar o oficio do pastoreo e combater o despoboamento do rural.

"Ten un obxectivo fundamental: frear o despoboamento no mundo rural, traballando especialmente con xente nova e con mulleres", explica Alfredo Azabal, representante da Fundación La Caixa.

"Temos a tecnoloxía necesaria para actualizar o sector. Queremos formar os pastores do século XXI", explica Cristina Díaz, técnica de Avica, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia.

A escola vai comezar as súas actividades a mediados de marzo e ofrecerá formación durante catro meses. As prácticas de pastoreo comezarán  a partir de setembro. As solicitudes xa están abertas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade