Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresado no hospital de Santiago un neno por un accidente nunha escola infantil de Carril

Ingresado no hospital de Santiago un neno por un accidente nunha escola infantil de Carril

O menor estaba xogando e quedou atrapado no valado do parque. Aínda que nun primeiro momento perdeu a conciencia, recuperouse e evoluciona mellor

Escola infantil de Carril (Arquivo TVG) Escola infantil de Carril (Arquivo TVG)
G24.gal 07/07/2026 12:12

Un menor mancouse ao quedar atrapado nun valo da escola infantil de Carril, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segundo informaron fontes consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar o luns na Galiña Azul de Carril, dependente da Consellería de Política Social.

Conforme indicaron estas fontes, o menor, que estaba xogando, quedou atrapado. Aínda que nun primeiro momento perdeu a conciencia, o menor recuperou e evoluciona mellor.

O neno foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Tras coñecer o accidente, desprazouse ao lugar persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do que depende a escola, para interesarse polo suceso e poñerse en contacto coa familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade