Cargando resultados...
Un adulto e un neno, feridos tras sufrir un accidente en quad en Coristanco
Un helicóptero medicalizado con base en Santiago trasladou o ferido adulto, mentres que o menor foi evacuado nunha ambulancia
G24.gal
19/08/2026 14:15
Un adulto quedou ferido de consideración tras sufrir en Coristanco un accidente cun cuatriciclo en que se viu implicado tamén un menor cuxo estado de saúde non parecía revestir gravidade.
Segundo o 112 Galicia, o accidente produciuse no lugar de Outeiro, parroquia de Agualada, en Coristanco.
Cara ás 19:30 horas, un particular contactou con ese teléfono para informar do accidente.
Un helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela trasladou o ferido adulto, mentres que o menor foi evacuado nunha ambulancia.