Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller tras caer dun cabalo en Verín

Falece unha muller tras caer dun cabalo en Verín

Os profesionais sanitarios chegaron rapidamente e comprobaron que a muller entrara en parada cardiorrespiratoria

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 09/08/2026 13:08

Ao fío das 11:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dunha muller de mediana idade que caera dun cabalo nun camiño de terra da parroquia de Tamagos.

O suceso tivo lugar nunha pista adxacente coa N-532, punto quilométrico 6,5, en Verín. O alertador sinalou que a persoa estaba inconsciente.

A muller, afeccionada a montar a cabalo, saíra con varias persoas a face runha excursión. Ao parecer o cabalo asustouse e a muller caeu ao chan.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activaron un operativo no que tomaron parte Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que chegaron a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense; a Garda Civil e a Policía Local de Verín.

Os profesionais sanitarios chegaron rapidamente e comprobaron que a muller entrara en parada cardiorrespiratoria. Practicáronlle manobras de reanimación no punto, mais finalmente só puideron confirmar o seu falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade