Publicador de contidos

Publicador de contidos

A casa do trasno asoma nunha escola do Grove, proxecto pioneiro de bioconstrucción e permacultura no patio

A casa do trasno asoma nunha escola do Grove, proxecto pioneiro de bioconstrucción e permacultura no patio

O proxecto busca vexetalizar a zona de xogos da escola para facela atractiva para mesturar aprendizaxe e diversión

A casa trasno agarda polos alumnos no patio do CEIP As Bizocas. Serán os encargados de rematala en setembro
G24.gal 06/07/2026 14:04

O colexio As Bizocas do Grove goza dunha situación privilexiada a carón do mar, pero a partir do próximo curso aínda o será mais. Converterase no primeiro centro en gozar dun proxecto de bioconstrución e permacultura que transformará o patio nun espazo vivo e pedagóxico, que os propios alumnos axudarán a construír. 

Como explican a directora do centro, Anxos Piñeiro e o construtor, Xosé Luis Torres, trátase de vexetalizar o patio e facelo atractivo para mesturar xogo e aprendizaxe. O epicentro do proxecto é a casa trasno feita de adobe con cal e palla e estrutura de bambú.

Unha técnica milenaria con moitas vantaxes: reduce custes porque é barato, permite modelar como a plastilina e obter resultados bonitos, e é eficiente canto a climatización. 

Van construír ademais coa axuda dos cativos un forno de barro, onde poderán cociñar pan e pizzas.

Unha horta e un bosque completarán o proxecto. Un espazo onde os cativos terán ocasión de experimentar, cultivar e coñecer os ciclos da natureza.

Un desexo da dirección é que o proxecto tamén sirva para atraer nenos a un centro que non chega aos 80 alumnos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade