Os cadernos Rubio fan setenta anos
Tras deles viñeron outras propostas editoriais para reforzar as materias no verán
Tan típicos do verán como o traxe de baño ou as cangrexeiras, os cadernos Rubio de cálculo ou de caligrafía acompañaron o tempo de vacacións de moitas xeracións. Neste 2026, 70 anos. Agora conviven nas librarías con moitas outras propostas editoriais pensadas para darlle traballo á mente no tempo de lecer.
Coa mesma filosofía de sempre, a de fixar coñecementos a través da práctica, os cadernos Rubio formaron parte da época infantil de avós, pais e netos. Para uns foron castigo e para outros seguen sendo un grande entretemento: teñen o seu público 70 anos despois. No caso do público infantil, con contas e prácticas de lectoescrita; e agora tamén hai edicións especiais para axudar os adultos a manter o músculo das habilidades cognitivas.
Ademais véndense en app para tabletas. Hai unha enorme evolución desde que nos anos 80, Santillana, Anaya e SM subiron ao carro dos libros de actividades do verán.
"En galego atopamos hoxe propostas moi innovadoras, coma o do Hematocrítico, ou este de Branca Millán que nos propón actividades e manualidades, como fabricar un papaventos", explicou Rosa Maio, da Sección Infantil da Librería Follas Novas.
E tamén hai libros de apoio para nenos con necesidades diversas.