Cargando resultados...
Educación aproveita o verán para realizar obras en 364 centros escolares
O investimento chega ata s 86,7 millóns de euros repartidos en case 400 intervencións en centros de educación pública
G24.gal
06/07/2026 11:46
Última actualización 06/07/2026 13:55
A Xunta de Galicia vai destinar este verán 86,7 millóns de euros a realizar case 400 obras en 364 centros de educación pública de toda Galicia.
Segundo explicou Alfonso Rueda, á finalización da reunión semanal do Consello da Xunta, isto vai supor que practicamente se realicen intervencións nun de cada tres centros educativos.
"Aproveitamos sempre estes meses para realizar reformas", dixo Rueda, "algunhas son pequenas reformas, que o período estival é suficiente para poder rematalas, e no caso de grandes obras, aceleraranse os traballos, dado que durante o curso hai que compatibilziar o funcionamento do centro coas obras".