Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Juan Piñeiro Permuy, exconselleiro de Educación da Xunta de Fraga

Falece Juan Piñeiro Permuy, exconselleiro de Educación da Xunta de Fraga

Catedrático de Filosofía e Letras, nacido en Pontedeume, ocupou a carteira de Educación entre 1990 e 1996

Arquivo (Europa Press) Arquivo (Europa Press)
EP 21/10/2025 14:28

O profesor e político eumés Juan Piñeiro Permuy, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia entre 1990 e 1996, con Manuel Fraga como presidente, faleceu este luns.

Piñeiro Permuy, nacido en Boebre, Pontedeume, o 20 de outubro de 1936, contaba con 89 anos de idade, falecendo o mesmo día do seu aniversario.

Foi catedrático de Filosofía e Letras e exerceu como inspector de educación na Comunidade de Madrid.

Tras o seu período á fronte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Goberno galego, continuou a súa traxectoria a nivel estatal, sendo nomeado presidente do Consello Escolar do Estado, cargo que ocupou entre 1996 e o ano 2000.

A súa figura é lembrada pola súa contribución ao ámbito educativo tanto en Galicia como na Administración Xeral do Estado.

O enterro terá lugar este mércores, 22 de outubro, ás 13:15 horas, no cemiterio parroquial de Boebre, en Pontedeume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade