Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro desperdicia un penalti e cae en Zamora (1-0)

O Arenteiro desperdicia un penalti e cae en Zamora (1-0)

Mario Losada marcou para os locais no minuto 68

Mingo fallou un penalti para o Arenteiro

Resísteselle a primeira vitoria a Juanfran no banco dos verdes 

 

G24.gal 14/03/2026 18:58 Última actualización 14/03/2026 19:12

Primeira parte metalúrxica, de moito ferrol e pouco fútbol. Escasa en alegría e rica en loita. Cun par de achegamentos pouco reseñables para cada parte. E,  a seguir, unha segunda que pintaba igual. Ata o minuto 68. Aí Sancho sacou un centro direccióin punto de penalti que encontrou a cabezada limpa, sen oposición, de Mario Losada. Un despiste atrás e ao chan todo o traballo do Arenteiro.

No que quedaban, os galegos foron arriba e puideron empatar. Tiveron un penalti. O que o colexiado sinalou por man de Kike Márquez logo dun tiro de Mingo. O propio Mingo encargouse de tiralo. E buscou con sangue fría rememorar a figura de Panenka... E mandouno ao longueiro. E, sen mediar toque de xogador algún, o mesmo Mingo volvuelle meter a cabeza para meter o gol. O árbitro invalidouno. E con el marcharon as opcións do Arenteiro. Que segue abaixo. E que, de momento, nin con Juanfran encontran saída a súa complicada situación.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos