Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro consuma o seu descenso administrativo a Terceira Federación

O Arenteiro consuma o seu descenso administrativo a Terceira Federación

O equipo carballiñés descende por falta de pagamentos aos xogadores e a súa continuidade corre grave perigo

A prioridade do club basea agora en alcanzar un acordo con Facenda e Seguridade Social, para ter viabilidade no grupo autonómico

G24.gal 30/06/2026 16:06 Última actualización 30/06/2026 16:11

O C. D. Arenteiro non militará en Segunda RFEF a próxima tempada. O club do Carballiño non puido facer fronte ás débedas que acumulaba con xogadores e corpo técnico (428.000 euros) e xa non entrará no sorteo do calendario desta mesma tarde.

Ademais, o club ten débedas totais que roldan os tres millóns de euros e que poñen en risco mesmo a súa continuidade. O Arenteiro descende a Terceira Federación, dúas categorías por baixo de onde militaba as últimas campañas, pero para iso debe inscribirse nas próximas semanas, algo que tampouco ten garantido.

Francisco Vázquez Rogel ten que consolidar o acordo con Facenda e Seguridade Social para abonar a mediados de xullo un montante fixo duns 180.000 euros, alén do compromiso para devolver nos cinco anos seguinte o resto da débeda. Só así se desbloquearían as subvencións públicas pendentes de cobranza, que poderían roldar os 800.000 euros. A partir de aí, tamén é necesario negociar con acredores privados

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade