Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os EUA envían un novo continxente de marines a Oriente Medio

Os EUA envían un novo continxente de marines a Oriente Medio

O secretario da guerra asegurou que non hai que "preocuparse" polos ataques iranianos en Ormuz porque Washington ten un plan

O vicepresidente dos EUA JD Vance e o secretario de Defensam Pete Hegseth (REUTERS/Kylie Cooper) O vicepresidente dos EUA JD Vance e o secretario de Defensam Pete Hegseth (REUTERS/Kylie Cooper)
G24.gal 13/03/2026 21:12

Os- Estados Unidos enviou unha expedición de marines a Oriente Medio, unha forza de resposta rápida deseñada para responder con pouco aviso a crises militares, informaron medios estadounidenses este venres.

O Wall Street Journal reportou en primeiro lugar que, a medida que Irán intensifica os seus ataques no estreito de Ormuz, o secretario de Guerra, Pete Hegseth, aprobou unha solicitude do Comando Central dos Estados Unidos para o despregamento dun grupo anfibio e a súa unidade expedicionaria adxunta, segundo tres funcionarios estadounidenses citados polo medio.Este grupo adoita estar composto por varios buques e acompañado por uns 5.000 infantes de mariña e mariñeiros, detalla Wall Street Journal.

O buque USS Tripoli, que estaba no Xapón, diríxese xa cara a Oriente Medio, sinalaron dous dos funcionarios citados, quen asegurou que xa hai infantes de mariña despregados na zona para prestar apoio ás operacións en Irán.

Este tipo de unidades utilizáronse tradicionalmente para misións como evacuacións a gran escala e operacións que requiren movementos de barco a terra, incluídas incursións e asaltos.

Tamén contan cun compoñente de combate terrestre e aéreo, e algunhas unidades están adestradas para soster operacións especiais durante semanas.

Hegseth asegurou este venres que non hai que "preocuparse" polos ataques iranianos que interromperon o tráfico de cru e gas e mercadorías a través do estreito de Ormuz porque Washington ten un plan e estase ocupando da situación. "Levamos tempo ocupándonos diso e non hai por que preocuparse. Temos un plan en marcha para derrotar, destruír e inutilizar todas as súas capacidades militares significativas a un ritmo que o mundo non viu nunca antes", dixo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade