A Reserva Federal non modifica os xuros e decide esperar ante os efectos da guerra
É a terceira vez consecutiva en que o banco central os deixa intactos, nun rango entre o 3,50 % e o 3,75 %, despois de tres baixadas de 25 puntos básicos desde o mes setembro
O presidente da Reserva Federal dos EUA, Jerome Powell (Arquivo)
O Comité Federal de Mercado Aberto da Reserva Federal dos Estados Unidos (FED) optou por manter os xuros no rango obxectivo do 3,50 % ao 3,75 %, evitando modificar o rumbo da súa política monetaria ante uns efectos aínda incertos do conflito en Oriente Próximo.
É a terceira vez consecutiva en que o banco central deixa intactos os xuros tras unha serie de tres baixadas de 25 puntos básicos desde o mes setembro, na que podería ser a última decisión do instituto emisor con Jerome Powell á cabeza, quen acaba o seu mandato o próximo 15 de maio.
Inflación elevada
Nun comunicado, a Reserva Federal explicou que "os indicadores recentes suxiren que a actividade económica se expandiu a un ritmo sólido. A creación de emprego mantívose baixa e a taxa de desemprego apenas variou nos últimos meses. A inflación é elevada, reflectindo en parte o recente aumento dos prezos mundiais da enerxía".
A FED sinlou que as consecuencias polo conflito en Oriente Próximo elevan a incerteza sobre as perspectivas económicas no país norteamericano.