Publicador de contidos

Publicador de contidos

Familiares e amigos despiden a actriz Gemma Cuervo, querida por moitas xeracións

Familiares e amigos despiden a actriz Gemma Cuervo, querida por moitas xeracións

Os seus tres fillos agradeceron emocionados todas as mostras de afecto recibidas 

Os fillos da actriz atenden os medios a súa chegada ao tanatorio. EFE/Fernando Villar. Os fillos da actriz atenden os medios a súa chegada ao tanatorio. EFE/Fernando Villar.
G24.gal 14/03/2026 18:21 Última actualización 15/03/2026 12:51

Os tres fillos de Gemma Cuervo, Natalia, Fernando e Cayetana Guillén, recibiron unidos e "cheos de amor" as mostras de afecto e respecto na despedida á actriz catalá, querida por moitas xeracións pola súa ampla traxectoria en teatros, cinema e series de televisión.

Familiares, amigos e compañeiros da profesión desprazáronse ao Tanatorio La Paz este domingo, onde se instalou a capela ardente e se celebrará unha cerimonia oficiada por parte do padra Ángel, amigo da familia.

"Queremos dar as grazas a todos polas mostras de afecto, está a ser moi abafador, lévasche o que deixas e a miña nai o que deixou é un amor infinito e transversal que chega ao corazón de todas as xeracións", dixo Fernando Guillén Cuervo á súa chegada ao tanatorio.

Chegada ao tanatorio da actriz Maribel Verdú e Pedro Larrañaga. EFE /Fernando Villar. Chegada ao tanatorio da actriz Maribel Verdú e Pedro Larrañaga. EFE /Fernando Villar.

A actriz Gemma Cuervo (Barcelona, 1934) morreu este sábado aos 91 anos en Madrid, tras máis de seis décadas dedicada ao cinema, o teatro e a televisión.

"Con enorme tristeza comunicamos o falecemento da nosa nai, a actriz Gemma Cuervo, tan querida e admirada por todos", sinalou a familia nun comunicado remitido aos medios.

Ao longo da súa extensa traxectoria profesional, acadou numerosos recoñecementos. Entre outros galardóns, recibiu o Max de Honra 2021, o Premio Nacional de Teatro (1965) e a Medalla de Prata da Comunidade de Madrid (2018).

Para a xente máis nova, Gemma Cuervo é un rostro coñecido polo seu traballo nas populares series La que se avecina e Aquí no hay quien viva.

No seu papel de Vicenta, converteuse nunha icona xeracional, facendo un dos tríos máis descarados da televisión xunto a Marisa e Concha, encarnadas polas tamén falecidas Mariví Bilbao e Emma Penella.

Nos Premios Talía coa súa filla Natalia. EUROPA PRESS/José Oliva. Nos Premios Talía coa súa filla Natalia. EUROPA PRESS/José Oliva.

"Sen manual de instrucións"

Tras deixar os escenarios, Cuervo volvera conectar coas novas xeracións a través das redes sociais, con publicacións que alcanzaban os millóns de visualizacións, declamando versos ou lanzando mensaxes de ánimo en plena pandemia do coronavirus.

O último que subiu á rede social de Instagram foi dous días antes do seu falecemento, cun escrito dirixido á mocidade para aconsellarlles no agarimo entre pais e fillos, que improvisan "sen manual de instrucións".

"Hoxe, á miña idade, miro cara a atrás e estraño os meus pais. E ao mesmo tempo miro aos meus fillos e pregúntome en silencio se o fixen ben (...) Tentemos camiñar, aínda que sexa un momento, cos zapatos do outro. A vida é demasiado breve para non facelo", escribiu a actriz.

Cos fillos Fernando e Cayetana nunha imaxe de arquivo. EFE/Juanjo Martín. Cos fillos Fernando e Cayetana nunha imaxe de arquivo. EFE/Juanjo Martín.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade