Falece o pneumólogo compostelán Juan Suárez Antelo aos 55 anos
Era tamén investigador no grupo de Pneumoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS)
Juan Súarez, durante unha entrevista na TVG
O pneumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, faleceu aos 55 anos de idade, tal e como confirmaron fontes da área sanitaria.
A morte do facultativo, apuntan tamén, causou gran conmoción no centro hospitalario, onde era moi querido. Exerceu como coordinador de Urxencias, foi tamén investigador do Grupo IDIS e directivo da Academia Médico-Cirúrxica. Suárez Antelo foi un rostro moi coñecido por traballar en primeira liña durante a pandemia da Covid-19, e tamén foi referente no tratamento de enfermidades como a EPOC.
A capela do Complexo Apóstolo acollerá este venres, ás 17:15 horas, unha misa polo falecemento de Suárez, que será incinerado.