O novo edificio de 5.000 metros cadrados do Clínico de Santiago podería estrearse a finais de ano
O anuncio da data fíxoo o conselleiro de Sanidade na visita ás instalacións, a punto de rematar, e ás que lle falta o equipamemnto
A infraestrutura acollerá cinco grandes unidades asistenciais
Dor, fecundación in vitro, otorrinolaringoloxía, mama e hospital de día serán as cinco grandes unidades asistenciais que albergará o novo edificio C do Clínico compostelán nos seus 5.000 metros cadrados.
No seu conxunto, a actuación supoñerá un investimento de 22 millóns de euros, dos que preto de 16,3 millóns correspóndense coa obra civil, e outros 5,7 millóns coa adquisición de mobiliario e o equipamento necesario.
A nova infraestrutura contará con cinco plantas que albergarán, alén das urxencias, novos quirófanos, endoscopias, cirurxía maior ambulatoria e laboratorios, de forma que permitirá concentrar nun mesmo espazo todos os recursos de diferentes servizos asistenciais.
As novas instalacións están a falta de completar diferentes traballos de regulación e legalización, alén de equipamento, entre outros, antes de que poidan dar servizo aos pacientes, aínda que a súa entrada en funcionamento está prevista para antes de que finalice 2026.
O Servizo Galego de Saúde apura a licitación dos expedientes de dotación de mobiliario e equipamento electromédico que precisan as novas instalacións.
De forma á posta en marcha do edificio C, o conselleiro explicou que a Xunta avanza no impulso do edificio A, no que se dará prioridade á ampliación de urxencias, co obxectivo de dispoñer o próximo ano 2027 do proxecto de construción.