Comeza a Festa do Cine, con entradas a 3,50 euros ata o xoves
A iniciativa celebra a súa 26ª edición e contará coa participación de 336 salas de toda España
EuropaPress (Arquivo)
A XXVI edición da Festa do Cine comeza este luns con entradas a 3,50 euros ata o vindeiro xoves 11 de xuño en 336 salas de toda España.
A iniciativa, que acumula máis de 34 millóns de espectadores desde a súa creación en 2009, busca agradecer o apoio do público e fomentar ás salas como un hábito social e cultural.
Durnte estes catro días, os espectadores poderán acceder a prezo redcido a unha ampla carteleira, entre elas Backrooms, Scary Movie, He-Man y los Masters do Universo, Todos los días nace un listo, Mortal Kombat 2, Michael ou The Mandalorian and Grogu.
A Festa do Cine está organizada pola Federación de Distribuidores Ciematográficos (FEDICINE), a Federación de Cines de España (FECE) e o Ministerio de Cultura, a través do Instituto da Cinematografía e das Artes Visuais (ICAA), coa colaboración doutras entidades do sector.