Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre María Isabel Fraga, filla do expresidente da Xunta, nunha misión humanitaria en Madagascar

Morre María Isabel Fraga, filla do expresidente da Xunta, nunha misión humanitaria en Madagascar

Polo momento non transcenderon as causas da súa morte

Fraga, durante a súa etapa no Senado (Europa Press) Fraga, durante a súa etapa no Senado (Europa Press)
G24.gal 12/06/2026 16:00

María Isabel Fraga, filla do expresidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga, faleceu aos 78 anos mentres participaba nunha misión humanitaria en Madagascar. Polo momento non transcenderon as causas da súa morte.

A falecida participaba en labores de acompañamento de persoas necesitadas naquel país. O seu corpo permanece en Madagascar velado por membros da organización relixiosa coa que viña colaborando.

María Isabel era a primoxénita dos cinco fillos que tiveron Manuel Fraga e a súa esposa, Carmen Estévez Eguiagaray.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade