Publicador de contidos

Publicador de contidos

As zonas habitualmente frescas de Galicia non escapan da calor, que tamén apertará de noite

As zonas habitualmente frescas de Galicia non escapan da calor, que tamén apertará de noite

 Zonas habitualmente frescas, coma Valdoviño, agardan 26 graos o venres e 30 o sábado 

A noite do sábado MeteoGalicia prevé que a temperatura non baixe dos 20 graos 

G24.gal 12/06/2026 14:44

Onde normalmente o sol se asocia co vento do nordés poucas veces hai ocasión de sentir verdadeira calor, coma a que se está empezando a sentir este venres no litoral de Ferrolterra.

Con esta masa de aire cálido, MeteoGalicia agarda hoxe en lugares coa Valdoviño máximas de 26 graos e 30 para mañá sábado. 

Esta vai ser unha desas noites nas que non faga falta a chaqueta. MeteoGalicia prevé unha mínima de 20 graos, un valor que rozan neste concello moitas veces as máximas nestas datas. Pero os que gozan habitualmente destas paraxes din que para a calor sempre hai remedio, porque a auga está fresquiña e, aínda que custa meterse, cando fai tanta calor, presta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade