Publicador de contidos

Publicador de contidos

Que debemos facer ante un día de calor extrema?

Que debemos facer ante un día de calor extrema?

M​​​​​anterse ben hidratado, evitar a exposición prolongada ao sol ou evitar a actividade física nos momentos de maior calor son algunhas das recomendacións básicas para evitar problemas

G24.gal 12/06/2026 14:20

Son as medidas que se recomendan cada vez que se suceden episodios de altas temperatur as, pero non está de máis lembrar unha serie de precaucións para evitar problemas de saúde asociados á calor.

"O máis importante é hidratarse, evitar estar ao sol nos momentos de maior calor do día e evitar facer deporte nesas horas", explica Azucena Prieto, coordinadora do Servizo de Urxencias do hospital do Barbanza.

Beber auga con frecuencia, aínda que non se teña sede, evitar a exposición prolongada ao sol durante as horas centrais do día ou utilizar roupa de fibras naturais.

E, sobre todo, protexer os colectivos máis vulenrables, as persoas maiores, os cativos e os que padecen algunha doenza crónica, que son os que presentan maior risco ante as altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade