Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis, restaurador e afinador: "Un piano é unha máquina de precisión"

Luis, restaurador e afinador: "Un piano é unha máquina de precisión"

Fai un traballo integral do instrumento para conseguir que saia coma novo do seu taller coruñés

G24.gal 28/07/2026 21:15 Última actualización 28/07/2026 21:50

O de restaurador e afinador de pianos é un oficio raro de ver, polo menos para quen non ande moi metido no mundo da música. Na zona da Coruña entramos no taller de Luis Ares, que leva décadas dedicado a recuperar pianos por dentro e por fóra. 

Fai restauración integral, mantemento e afinación de pianos para conservatorios, salas de audición, teatros e particulares.

"Este estaba nunha casa particular, pero non estaba en uso, entón a couza fíxolle bastante mal", sinala Luis 

Leva mes e medio cunha soa peza, a guía dos apagadores. Non pode errar nin dous milímetros.

"Precisa dunha reprodución absolutamente perfecta da peza orixinal" 

É Un instrumento de 88 teclas, pero...

"Vén composto de tres cordas por cada golpe de martelo, así que son duascentas e tantas cordas segundo o tipo de piano", conta o afinador

E son cordas de aceiro, cordas finas e cordas grosas.

"A corda máis grave vibra unhas vinte e sete veces e media por segundo, e a máis aguda vibra 3.600 veces nun só segundo", indica Luis

Toda unha máquina de precisión.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade