Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comezan a volver a casa os desaloxados de Ávila e Madrid, co incendio en vías de contención

Comezan a volver a casa os desaloxados de Ávila e Madrid, co incendio en vías de contención

Levantouse a evacuación de 10 concellos madrileños e 5 abulenses

O incendio de Castelló segue moi activo e o fume impide traballar os medios aéreos

EFE
G24.gal 28/07/2026 21:14 Última actualización 28/07/2026 21:28

O lume dá unha tregua no centro peninsular. Os responsables da emerxencia falan dunha evolución positiva nas frontes de Ávila e Madrid. 

"Non houbo ningún avance do lume dentro do perímetro. Estamos traballando nunha contención importante do incendio", anunciaba a última hora da tarde deste martes o ministro de Interior.

 Hai motivos para a esperanza, pero non para baixar a garda. O responsable do mando único da emerxencia, o xefe do Estado Maior da UME  explicou que as próximas horas son clave para controlar os puntos fumeantes.

"Esas reproduccións, se non se atallan, poden darlle a volta á situación e que regresemos a un escenario de risco", aclaraba o coronel Salas.

 Pero polo de pronto a boa evolución dos traballos permitiu regresar aos seus fogares aos evacuados de dez localidades madrileñas e cinco abulenses. Non todos volven con fortuna.  

Un veciño de Chapinería atopa case destruída a súa casa e o negocio. Desolado intenta falar coa prensa pero non é quen. Máis sorte tivo unha maior da localidade. Da gracias a Deus porque salvou a casa pero emocionase ao ver que outros veciños perderon a súa vivenda e os seus negocios.

Castela-A Mancha sae da emerxencia nacional e recupera o control dos focos en Toledo.

 "Con danos mínimos e sen que resultaran afectados inmobles e núcleos de poboación", di satisfeito o presidente de Castela A Mancha, Emiliano García-Page.

A cruz da xornada do martes estivo  no incendio de Val D´Uxó, en Castelló. Mantense moi activo tras queimar 8.500 hectáreas nun perímetro de 72 quilómetros. Tratan de estabilizalos 400 efectivos desde terra.

Pero da trintenta de medios áreos despregados a maioría non puideron operar. Impedirono o fume e as malas condicións meteorolóxicas xusto na zona onde o incendio segue máis perigoso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade