Cargando resultados...
Activo un incendio forestal en Taboada con máis de 20 hectáreas queimadas
Para a extinción das lapas mobilizáronse medios terrestres e aéreos
G24.gal
28/07/2026 21:12
Última actualización 28/07/2026 21:37
Un incendio forestal declarado ás 16.44 horas deste martes no lugar de Ínsua, en Taboada queimou máis de vinte hectáreas, segundo as estimacións provisionais de Medio Rural.
Para a súa extinción mobilizáronse cinco técnicos, oito axentes, 16 brigadas, 13 motobombas, tres pas, nove helicópteros e seis avións.
A Consellería recorda que está ao dispor da cidadanía o teléfono gratuíto 085 para avisar en caso de incendios forestais.