Publicador de contidos

Publicador de contidos

As altas temperaturas cederon protagonismo ás treboadas ao final do día na Mariña e na Montaña

As altas temperaturas cederon protagonismo ás treboadas ao final do día na Mariña e na Montaña

Corenta e un concellos da provincia de Lugo estiveron en alerta vermella por temperaturas que se achegaron aos corenta graos

G24.gal 21/06/2026 21:52

A Xunta de Galicia activou o nivel de alerta laranxa por posibles tormentas e episodios de fortes choivas en zonas de montaña da provincia de Lugo durante a tarde deste domingo.

O Goberno galego indica que, de acordo cos prognósticos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperábase que a partir de primeira hora da tarde poidan rexistrarse episodios de precipitacións de ata trinta litros por metro cadrado nunha soa hora; con todo, finalmente non se deron. As tormentas poderían traer consigo refachos de vento moi fortes e saraiba.

Todo iso nun día de elevadas temperaturas que obrigou a decretar o nivel de alerta vermello, o máximo existente, en varios puntos da comunidade, onde os termómetros superan os trinta graos Celsius de forma xeneralizada e chegan a rozar os corenta nos puntos de máis calor.

En previsión de posibles tormentas, boa parte das actividades deportivas federadas ao aire libre en áreas como a montaña lucense quedaron suspendidas á espera dunhas condicións meteorolóxicas máis favorables.

Ante a perspectiva de que poidan darse fortes chuvieiras en períodos moi breves de tempo, a Xunta recomenda circular con precaución e informarse do estado das estradas antes de iniciar os desprazamentos; o mesmo que non atravesar zonas alagadas ou en risco diso e non aparcar preto da canle de ríos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade