Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve a chuvia a Galicia, pero moi feble

Volve a chuvia a Galicia, pero moi feble

Ata mércores poderá haber precipitacións localizadas

A chuvia en xullo foi treboenta e puntual

Os encoros están en mínimos

 

G24.gal 03/08/2026 13:53

Volven as nubes algo tímidas e Galicia saúda a chuvia neste primero luns de agosto. Iso si, moi feble. Algo que moitos agradecen.

"Atoparnos coa orballada de primeira hora, agradécese, manguiña longa e gozar de Galicia", di un turista. Un peregrino valora o tempo como moi bo para andar.

A predición de MeteoGalicia mantén esta situación ata mércores, con certas variacións por zonas.

Carlos Otero, meteorólogo de MeteoGalicia:

"Hoxe pode chover en toda Galicia de forma dispersa, mañá é pouco probable que chova no estremo leste, o mércores agardamos chuvia no terzo norte e no sur unha tarde con ceos despeaxados. O anticilón que chega o mércores non se ve moi potente e podemos volver ter uha nova fronte cara fin de semana".

Arrastramos un verán que vén sendo seco, en xullo practicamente non choveu. Si houbo treboadas en días soltos en puntos moi localizados do país. 

Carlos Otero. meteorólogo de MeteoGalicia:

"Como foi chuvia moi localizada á que tivemos en xullo, houbo moitas localidades onde non choveu nada ou un episodio puntual".

Esta situación mantén os caudais dos ríos baixos e os encoros do litoral na menor ocupación media dos últimos quince anos. Haberá que ver como se porta agosto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade