Cargando resultados...
Avistan unha tartaruga de grandes dimensións no porto de Fisterra
Esta especie de tartarugas están en mar aberto, pero é moi estraño que as vexamos en terra
G24.gal
12/06/2026 14:54
Non é nin de lonxe o habitual, pero pasou en Fisterra. Un mariñeiro estaba botando os cabos da súa lancha cando reparou en algo de grandes dimensións que nadaba polas augas do peirao. Era nada máis e nada menos que unha tartaruga mariña de coiro, unha especie duns 400 quilos, moi rara de ver tan cerca do porto.
Explica Javier Iglesias, director do Museo de Historia Natural da USC que "esta especie mariña ás veces achégase a terra porque no mar come plásticos confundíndoos co seu alimento e enferma, e pasan cosas tan inusuais coma esta".